muiño da chanca, dena

A principios da década dos 80 a familia Domínguez-Fernández adquiriu este vello muiño do século XVIII situado na parroquia de Dena (Meaño), no corazón do Val do Salnés. Despois de máis de dez anos de traballo e dedicación en 1995 abre as súas portas como restaurante culminando así un sono familiar, recuperando un espazo único que combina arquitectura tradicional coa cociña típica galega.